top of page

Arrancan os campamentos de verán de Melide

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Melide

Os campamentos de verán que organiza o Concello de Melide deron comezo na xornada deste luns cun récord de participación. Nesta primeira semana arredor dun cento de persoas participarán nas actividades lúdicas e deportivas. Prolongaranse ata o 12 de agosto.

Os campamentos de verán que organiza anualmente o Concello de Melide ampliaron este ano o seu programa, xunto ás tradicionais actividades lúdicas para nenas e nenos de 4 a 12 anos, incorporouse a modalidade deportiva na que participan nenos cun rango de idade de entre os 8 e os 15 anos.  As actividades permiten a conciliación laboral e familiar durante os meses de verán.


As prazas dentro da modalidade lúdica están completas ata a finalización do campamento mentres que na modalidade deportiva todavía quedan prazas dispoñibles.

A concelleira de Cultura, Mayka Basalo, e o concelleiro de Deportes, José Prado, valoran moi positivamente a participación acadada e a implicación de todos os nenos e nenas en todas as actividades que se están a programar.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page