Os traballos consisten na construción de novas arquetas de empalme, redimensionamento do tendido que duplicará a súa sección e conexión en anel dos centro de transformación
Laura Moure/Lalín
O concelleiro de Obras e Servizos de Lalín, José Cuñarro, visitou as obras que está executando a empresa Elecnor en varias rúas do casco urbano e que permitirá conectar en anel os transformadores de corriente eléctrica que dan servizo ás rúas do centro urbano. Uns traballo que non só consisten en anelar o casco, senón que tamén permitirán o dimensionamento do cableado, que pasará de 95 mm a 200 mm o que implica un redimensionamento da capacidade da rede.
Os traballos de anelado de transformadores e redimensionamento da liña, cun orzamento superior aos 150.000 euros, comezou na rúa Maruja Gutiérrez coa realización de catas e a construción dunha nova arqueta de empalmes eléctricos na cabeceira da rúa e a realización das catas, para a posta á vista do tendido eléctrico, no tramo de plataforma única mediada a rúa. Ditas obras obrigaron a cortar o tramo da Maruja Gutiérrez no tramo que vai dende a Rúa B ata a Luis González Taboada.
Publicidade
Esta liña de 20.000 voltios, media tensión, unha vez se completen os traballos que se acometen e que teñen unha duración estimada ata o mes de agosto, permitirá os técnicos da empresa eléctrica alimentar os transformadores dende dúas liñas distintas, reducindo os cortes de subministros producidos por avarías, ou danos nos tendidos, e que estas avarías teñan unha afección xeográfica máis pequena ao poder seccionar tramos máis reducidos de rúas e de mazás do casco urbano, ao poder alimentar de xeito separado aos tramos que presenten danos, o que redundará nun mellor servizo e nunha redución nos tempos de reposición do servizo eléctrico.
Publicidade
Na visita, na que o edil estivo acompañado de técnicos municipais, e persoal da empresa Elecnor, fóronse fixando determinados aspectos dos acabados da obra que afecte á plataforma de rodaxe e ás beirarrúas e os tempos de execución. Unhas obras que afectarán a Maruja Gutiérrez, un tramo de Luis González Taboada, Travesía da Luis González Taboada, Pintor Laxeiro, Avenida Bos Aires, Praza da Igrexa e Rosalía de Castro.
A concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, foi a encargada de recoller esta doazón. Dende o Concello agradécese este tipo de accións solidarias que buscan axudar ás familias do municipio con menos recursos.
Comments