top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arrancan as obras de renovación e ampliación do parque infantil da Bandeira, en Silleda

O proxecto, cun orzamento de case 100.000 euros, acométese integramente con fondos municipais


Laura Moure/Silleda

Este venres arrancaron na vila da Bandeira as obras de Remodelación e Ampliación do parque infantil da Bandeira, adxudicadas á empresa Zona de Obra O Rosal, por un importe de 97.887,72 euros. Trátase dun espazo público moi utilizado polos cativos e cativas da localidade e arredores e que acusaba un notable deterioro polo uso e o paso do tempo.


A renovación do espazo adicado a parque infantil, que a día de hoxe ocupa unha superficie de 200 metros cadrados, supón colocar novos elementos de xogo como unha estrutura hexagonal con seis entradas para distintos xogos, cama elástica, muelle, columpio colectivo tipo trainera de madeira tratada e semiesferas no pavimento.


Publicidade

Como xa se informou anteriormente, o parque ampliarase 80 metros cadrados cara ao leste, creándose así unha segunda entrada pola rúa do Entroido. Renovarase todo o pavimento e darase un contido temático, relacionado co universo, a este espazo de xogo. Das tres árbores existentes que quedan nesta zona será preciso retirar un dos carballos que está xa seco, por motivos de seguridade. Os outros dous integraranse cos novos elementos de xogo e cobrarán protagonismo.Tamén se vai poñer un pequeno xardín no acceso que suavice o límite do parque cas beirarrúas, así como a instalación de bancos novos.

As concelleiras Mónica González e Paula Fernández visitaron onte o recinto onde os traballos comezaron ca retirada dos elementos de xogo actuais, que se arranxarán para reubicar noutras zonas, e tamén do pavimento do parque. Está previsto que os traballos se prolonguen durante as próximas semanas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page