Arrancan as obras de mellora do peche lateral do pavillón do polideportivo do CEIP de Palas de Rei
- ecosdacomarca

- 5 ago
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Xa arrancaron as obras no polideportivo do CEIP de Palas de Rei. As actuacións deron comezo a semana pasada e consistirán no peche lateral do pavillón polideportivo que ten o Concello de Palas anexo ao edificio do centro educativo.

PUBLICIDADE
As obras, que están financiadas pola Consellería de Educación e segundo comunicou o rexedor, Pablo Taboada, comprenden todo o mes de agosto para estar listas nos inicios do próximo curso escolar.
PUBLICIDADE
As actuacións que priorizarán os materiais prefabricados de formigón e a chapa micro perforada, significarán dar maior celeridade a execución dos traballos.
PUBLICIDADE
O mandatario agradece á Consellería de Educación esta importante actuación que conta cunha axuda de 47.000 euros dado que “esta medida permitirá ao alumando do centro disponer dun polideportivo sen condicionantes meteorolóxicos nos meses máis invernais do ano e así mesmo os veciños de Palas de Rei disporán dun segundo pavillón polideportivo cuberto fóra do horario lectivo, sendo así dous polideportivos ó servizo dos veciños do municipio a partir de setembro".
PUBLICIDADE
Neste sentido, o alcalde de Palas enmarca esta actuación dentro do Plan de acondicionamento e mellora das instalacións deportivas do Concello.










Comentarios