top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arrancan as obras de mellora do acceso desde a AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e de Abaixo

A intervención da Xunta nestes lugares de Touro supón un investimento de máis de 48.000 euros


Ecos da Comarca/Touro

A Xunta comezou este martes as obras que mellorarán o acceso desde a estrada autonómica AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro.

Esta intervención, que supón un investimento de máis de 48.000 euros, céntrase na mellora da seguridade viaria no acceso a estes núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo desde a marxe esquerda da estrada, no punto quilométrico 5+490, á altura da Maroxa.

A intervención redundará tamén na mellora de accesibilidade e da seguridade debido ao elevado tránsito de maquinaria agrícola. En concreto, as obras consistirán en executar carrís de aceleración e deceleración, cun ancho de 3,50 metros para cada un, de modo que se adecúen as velocidades dos vehículos que transitan pola AC-240 e os que accedan á vía desde Oca de Arriba e Oca de Abaixo.

A construción do acceso non interferirá coa drenaxe superficial ou profunda da calzada, xa que se lle dará continuidade ao actual mediante un canlón de seguridade de formigón, coas arquetas intermedias necesarias e as bocas cubertas por reixas inclinadas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page