Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Arranca unha nova edición do programa de envellecemento activo do Pino con dúas excursións

De aquí a finais de ano desenvolveranse obradoiros de estimulación cognitiva, risoterapia, alfabetización dixital e bailoretapia


Laura Moure/O Pino

Con dúas excursións, a Cambados e a Coruña, iniciarase nas vindeiras semanas unha nova edición do programa de envellecemento activo co que o Concello do Pino busca promover a dinamización e a vida saudable entre as persoas maiores. O programa, denominado Actívate na nosa Terra e dirixido a persoas empadroadas no Pino maiores de 65 anos, aglutina saídas e obradoiros gratuítos coa fin de promover a autonomía persoal e a prevención da dependencia. Todas as actividades son gratuítas e os participantes só terían que pagar as comidas no caso das excursións.

Ata final de ano desenvolveranse un total de catro obradoiros, que terán entre un e tres meses de duración: Obradoiro de estimulación cognitiva, Obradoiro de risoterapia, Obradoiro de alfabetización dixital e Obradoiro de bailoterapia. Tamén están previstas varias actividades culturais de lecer e tempo libre, entre as que se atopan visitas a Cambados, A Coruña, Ourense, a Ribeira Sacra, as Rías Baixas e ao Balnario de Cuntis. Ademais, haberá unha saída para ir ao cine ou ao teatro.


Primeiras excursións

A primera das excursións, a Cambados, realizarase o venres 27 de agosto e inclúe a visita a unha adega. As inscricións están abertas ata o luns 23.


Unha semana despois, o venres 3 de setembro, haberá outra viaxe á Coruña con visita ao casco histórico, o castelo de San Antón e a Torre de Hércules. O prazo para anotarse remata o luns 30 de agosto.


As persoas interesadas nas actividades poden inscribirse ou solicitar máis información chamando ao teléfono 981 511 002 entre as 9.00 e as 13.00 horas, e preguntando por María, a traballadora social.


No caso de quedar prazas vacantes, o programa estenderase ás persoas maiores de 60 anos e a aquelas que teñen problemas de saúde.

19 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE