A través do convenio entre o Concello e a Fundación Roberto Rivas, as formacións gratuítas comezarán os días 25 e 26 deste mes
Laura Moure/Silleda
O Plan de Dinamización do Viveiro de Empresas do Concello de Silleda arrancará este mes en virtude do convenio asinado o pasado mes de xullo ca Fundación Roberto Rivas.
Así, no marco desta iniciativa arrancarán este mesmo mes, en concreto a vindeira semana, as sesión formativas de carácter gratuito para axudar a mellorar a dixitalización de proxectos de emprendemento e empresas.
A primeira sesión está prevista para o vindeiro mércores día 25, abordando o Marketing en Instagram/Facebook: creación de contido e ferramentas para mellorar o deseño, visibilidade e interacción. A cita será no Viveiro, sito no Parque Empresarial Área 33, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
O xoves día 26 terá lugar a xornada titulada “Atención ao cliente de xeito eficiente: WhatsApp Business, email e teléfono para mellorar a comunicación e as vendas”, tamén no Viveiro no mesmo horario.
Todas as persoas que desexen asistir deben inscribirse na web da Fundación Roberto Rivas, onde dispoñen ademais dos contidos de todos os cursos previstos.
Dúas sesións cada mes
Estas formación repertiránse ao longo dos vindeiros meses, con dúas formacións mensuais para axudar a mellorar a comunicación e dixitalización das entidades interesadas. A temática, e horarios foron abordados nunha sesión formativa que tivo lugar o pasado 22 de xullo, ca presentación do convenio entre o Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas ao sector empresarial e comercial do municipio.
Publicidade
Con este convenio preténdese mellorar o desenvolvemento local e rural de Silleda, apostando polo emprendemento da cidadanía e pola creación de iniciativas empresariais innovadoras e sostibles.
O Viveiro de Empresas do Concello de Silleda conta con espazos equipados para persoas emprendedoras, así como cunha sala de formación, entre outros servizos. Para a súa utilización pode consultarse na web municipal o regulamento específicos destas instalación. Dende o Concello, tanto a alcaldesa, Paula Fernández, como a directora da
Fundación Roberto Rivas, Olga Rivas, destacan o potención deste servizo, e convidan ás persoas interesadas a coñecer as instalacións de cara a valorar a posta en marcha de futuras iniciativas empresariais.
Comments