top of page

Arranca o Plan Concilia con 20 familias no colexio de Agolada que está promovido pola ANPA

Aínda hai prazas libres e os interesados poden contactar coa directiva da asociación


Laura Moure/Agolada

O Plan Concilia do CEIP de Agolada xa comezou. Está promovido pola Asociación de Nais e Pais Aqualatam deste centro educativo. Púxose en marcha por primeira vez este curso e está impartido pola empresa Enrédate, que ademais completarase coas actividades actividades extraescolares.

Alumnado que acude ao Plan Concilia en Agolada.

"As razóns de levar a cabo este proxecto por parte da ANPA é por un lado, solucionar o problema das familias traballadoras para que poidan deixar aos seus fillos nun lugar seguro e coa garantía de que estarán ben atendidos. E por outra banda, con este proxecto preténdese tamén acabar coa fuga de alumnado a outros municipios", indica a ANPA.


Esta iniciativa levarase a cabo en horario de mañá, xusto unha hora antes do comezo das clases, e tamén dúas horas pola tarde. "Desde a ANPA estamos pendentes de se se aproba unha axuda para o “Concilia” e poder así rebaixar as cotas actuais".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste momento, os usuarios son 20 familias polo que aínda hai prazas libres. Os interesados poden contactar coa directiva da ANPA.


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page