Arranca o obradoiro de emprego conxunto de Monterroso, Palas de Rei e Portomarín
Unha vintena de alumnos formarase en turismo e xardinería durante o prazo un ano
Laura Moure/Monterroso
Dá comezo o novo obradoiro de emprego conxunto dos Concellos de Monterroso, Palas de Rei e Portomarín no que 20 alumnos se formarán en actividades de xardinería e en promoción turística local e información ao visitante. A duración do obradoiro será de un ano e conta cunha aportación económica de 503.987 euros da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade así como 24.000 euros para incentivos a contratación laboral.
Este obradoiro é o terceiro que xurde da colaboración entre o Concello de Monterroso, Palas de Rei e Portomarín para poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso polos tres concellos, as súas zonas verdes e promocionar os mesmos a nivel turístico.

Na selección do persoal tiveron preferencia as persoas que presentaron a súa demanda de emprego a través da oficina de emprego. Ademais priorizaronse as persoas demandantes que teñen especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como: persoas emigrantes retornadas, mulleres en xeral, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, persoas paradas de longa duración, persoas maiores de 45 anos, persoas que carecen de estudos, persoas con discapacidade sempre que poidan realizar traballos e persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social.
O obxetivo do módulo de turismo é propoñer actuacións turísticas sustentables no trazado do Camiño ao seu paso polo concello, perfeccionar o punto de información turística, establecer visitas guiadas, cualificar os recursos turísticos da zona, desenvolver novos métodos de atención aos visitantes e analizar o potencial turístico dos Concellos.
No módulo de xardinería levarase a cabo o acondicionamento e mantemento dos xardíns e zonas verdes.
A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, deu este luns a benvida aos 20 alumnos, á directora do obradoiro, á administrativa a aos tres docentes cos que firmou os respectivos contratos laborais. A rexedora destaca que esta iniciativa xurde da boa sintonía cos concellos limítrofes e que este xa o terceiro que poñen en común para proporcionar ao alumnado uns coñecementos de preparación, mellorando a súa ocupabilidade e inserción laboral, ao mesmo tempo que son unha ferramenta de servicio público para os concellos nos que se desenvolven, xa que combinan a teoría coa práctica profesional.