Laura Moure/Vila de Cruces
Merza Mural 2021 arrancou este luns na Área Recreativa de A Carixa. Esta oitava edición ten como eco central o estilo land art e a pintura mural.
Trátase dun proxecto artístico social impulsado pola Asociación Vello dos Cornos que conta co equipo de traballo formado por Carlota Salgado, Manuel Varela, Irene Varela, Iago Molina, Cristina Salvado e ca recente incorporación de Víctor Landeira.
Esta edición contará con 37 participantes de Merza e dos arredores. E rematará o sábado cunha celebración e mostra dos especios expositivos.
Os participantes que comezaron este luns na Carixa.
Comments