A mesa redonda coa D.O.P. Arzúa-Ulloa e a I.X.P. Mel de Galicia, a masterclass Elabora
o teu pan con queixo e as actividades divulgativas nos centros de Educación Infantil
arzuáns conforman a oferta
Laura Moure/Arzúa
Unha edición máis, o centro de formación e promoción rural Efa Piñeral colabora activamente na Festa do Queixo de Arzúa e ao longo desta semana acolle distintas actividades.
Onte, mércores, tivo lugar a mesa redonda coa DOP Arzúa-Ulloa e a I.X.P. Mel de Galicia. Neste encontro departiuse sobre os retos e oportunidades da comercialización e valorización dos produtos amparados nos selos de calidade. Tanto Esther Ordóñez, presidenta da I.X.P. Mel de Galicia como Xosé Luis Carreira, presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa coincidiron en subraiar que a función de ambos organismos é apoiar a aqueles que desexan “vivir no rural e dos recursos do rural xa que tanto as D.O.P. como as I.X.P. son motores de desenvolvemento dos territorios e tamén importantes reclamos turísticos”.
Hoxe, xoves e o vindeiro venres alumnado do ciclo superior de educación infantil liderá sendas actividades de sensibilización nos centros de educación infantil de Arzúa. O obxetivo é que os escolares coñezan os recursos do territorio da man de materias de refugallo, contos ou manualidades.
Masterclass
Xa o sábado pola tarde, na cociña do recinto feiral alumnado e profesorado do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría da Efa Piñeiral impartirán a masterclass Elabora o
teu pan con queixo. Actividade gratuita para adultos e cativos maiores de 7 anos e que contará con dúas quendas, de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas. Ata 15
participantes poden participar nesta masterclass cuxa inscrición debe realizarse no
981 500 580.
A réplica doce do cartel anunciador da 48 edición da Festa do Queixo estase ultimando no obrador da Efa Piñeiral polo alumnado de panadaría e repostaría e exhibirase no stand da organización da Festa do Queixo no recinto feiral. “A Festa do Queixo é para nos unha marabillosa ocasión para contribuir á valorización dos recursos do noso territorio e para favorecer sinerxias entre profesionais”, afirma a directora da Efa Piñeiral, Raquel Carregal.
Comments