top of page

Arranca hoxe, venres 8 de agosto, en Melide o Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa

Ao longo de tres días haberá unha ampla e variada programación para todos os públicos


Laura Moure/Melide

O Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa regresa á zona vella de Melide dende hoxe, 8 de agosto, ata o domingo día 10, cunha ampla e variada programación para todos os públicos.

Por unha banda, a feira do medievo abrirá as súas portas o venres 8, ás 19:00 horas, a partir dese momento veciñanza e visitantes poderán desfrutar do recuncho infantil, pasarrúas musicais con Gaeloc, espectáculos co Bufón Vermello e cazadores de dragóns.

Sábado e domingo, o Mercado Medieval, arrincará ás 11:00 horas. Durante toda a fin de

semana non faltará a música e os espectáculos de rúa para encher a vila de troula. Nesta

feira haberá diversos postos de comida, roupa, calzado, beleza e bixutería; así como

espazos e atraccións para os nenos e nenas, entre as que podemos atopar o tiro con

arco.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para despedir unha nova edición do Mercado Medieval, o domingo ás 21:45 horas, haberá un pasarrúas de despedida con todas as compañías participantes.


Pola outra banda, o Mercamelide na Rúa contará con preto de 20 comercios locais participantes nos que haberá diversos descontos nos seus produtos e artigos. Unha nova

oportunidade para apoiar os establecementos de proximidade da vila.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Melide anima a toda a veciñanza da contorna e visitantes que

durante eses días estean por Melide a visitar o municipio e o seu Mercado Medieval e o

Mercamelide na Rúa.


PROGRAMACIÓN COMPLETA DA FEIRA MEDIEVAL NO ENLACE DA NOSA AXENDA CULTURAL: https://www.ecosdacomarca.com/event-details/mercado-medieval-e-mercamelide-na-rua-8-9-e-10-agosto


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page