top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arranca hoxe en Agolada outra campaña de recollida de plásticos agrícolas

Deben depositarse hoxe e mañá nos lugares indicados en cada parroquia


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada lanza hoxe a segunda campaña do ano 2021 de recollida de plásticos agrícolas de silo e de invernadoiro. O obxectivo desta acción é que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Os plásticos deberán depositarse nos lugares e días establecidos para cada zona durante as xornadas marcadas e non se poderán facer máis descargas ata novo aviso. En todas as

parroquias depositaranse hoxe, 29, e mañá, 30 de novembro, e recolleranse o 1 de decembro.


Os lugares onde se deben deixar son:

  •  A parroquia de Berredo: no campo da festa.

  • A parroquia de Artoño: no campo da festa de Buxel.

  • A parroquia de Baíña: no campo da festa.

  • As parroquias de Agra e O Sexo: no campo da festa de Agra.

  • As parroquias de Brocos e Sesto: no campo da festa de Brocos.

  • A parroquia de Val: no campo da festa.

  • As parroquias de Vilariño e Esperante: xunto ao cruceiro, na Lagoa.

  • A parroquia de Santa Comba: no campo da festa.

  • As parroquias de Carmoega e Brántega: na explanada da igrexa de Carmoega.

  • A parroquia de Órrea: enfronte á taberna de Oliva.

  • A parroquia de Bais: no campo da festa.

  • A parroquia de Merlín: ao lado do teleclube de Friufe.

  • A parroquia de Ferreiroa e a propia vila de Agolada: no polígono industrial concretamente na parcela do Concello xunto á nave.

  • A parroquia de Gurgueiro: na explanada da igrexa de San Miguel.

  • A parroquia de Ventosa: xunto ao campo de fútbol (novo).

  • A parroquia de Trabancas: no campo da festa.

  • A parroquia de Borraxeiros: no campo da festa.

  • A parroquia de Eidián: no campo da festa.

  • A parroquia de Basadre: ao lado da igrexa.

  • A parroquia de Ramil: ao lado da marquesiña dos rapaces.

  • O lugar da Cornella: xunto á casa de Milucho.

Normas

O Concello de Agolada lembra que só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro; os plásticos deberán estar atados en fardos; non poderán levar restos de leña, herba ou calquera outro elemento e non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico. Ante calquera dúbida os interesados poden chamar ao Concello: 986 788 062 ou 986 788 063.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page