top of page

Arranca hoxe, día 9, a Semana da Música de Melide que celebra a súa 34ª edición

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Corais polifónicas e grupos e asociacións de música tradicional actuarán durante as tres fins de semana deste mes no centro sociocultural Mingos de Pita


Laura Moure/Melide

Melide acolle unha nova edición, e xa van 34, da Semana da Música da Terra de Melide, organizada novamente pola Coral Polifónica co apoio do Concello. Esta cita musical ineludible estenderase ata o día 24 de novembro e será novamente punto de encontro para asociacións, bandas, voces e instrumentistas de toda a comarca, cun destacado peso da música tradicional, como vén sendo habitual neste evento. Todos os concertos terán lugar no Centro Sociocultural Mingos de Pita ás 19:30 horas.

A Semana arrinca hoxe, o sábado 9, coas actuacións de Gaiteiros do Balado (Toques) e Os Melidaos. Estes últimos traerán sons tradicionais dun amplo repertorio que xa inclúe catro traballos publicados. Ao día seguinte, o domingo 10, será a quenda dos concertos de Fol da Chousa, a agrupación folclórica de Visantoña (Santiso) e da Asociación A Maristela (Sobrado).


A seguinte fin de semana chegará cargada de concertos ao centro sociocultural. O

sábado 16 actuará Irene Ruiz e, posteriormente, a cantautora Nadia Sniba, ambas as

dúas melidás. Pechará a xornada o Conservatorio de Melide co seu variado repertorio.

Ao día seguinte, o domingo 17, será a vez dalgúns dos conxuntos máis emblemáticos da

Semana da Música. Comezará o grupo Os do Medio, seguido por Herba Grileira e, como broche, a Banda-Escola de Música de Visantoña.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A derradeira fin de semana do evento abrirase coa actuación da Coral Polifónica de

Santiso o sábado 23. Seguiranlle o gaiteiro Suso Ascariz xunto co acordeonista Carlos

Fernández. Pechan o sábado A Bandiña de Melide. O domingo 24 póñenlle fin á Semana os concertos de Pozo Pequeno, Froito Novo e mais a Coral Polifónica local.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page