top of page

Arranca hoxe a 29ª edición do Rali do Cocido en Lalín e Rodeiro con 102 equipos

Ecos da Comarca/Lalín/Rodeiro

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi arrinca hoxe, venres 7 de marzo, na

localidade de Lalín con motivo da celebración da 29ª edición do Rali do Cocido, unha das probas máis emblemáticas do calendario autonómico. Finalmente serán 102 equipos os que tomarán a saída na competición de estrea da tempada 2025 nos rallyes galegos, coa presencia dos principais favoritos ao título e con Víctor Senra e Moncho López como principais candidatos no seu novo Hyundai I20N WRC recién chegado a Galicia dende a factoría da marca coreana situada en Alemaña.

foto

Ademais de Senra e López haberá outros dous vehículos WRC na saída situada en pleno corazón da capital do Cocido. Os melidenses Alberto Otero e Jordán Vázquez participarán cun Mini WRC ex e Dani Sordo e Jorge Pérez Alonso e Manuel Raido nun Ford Fiesta WRC ex Craig Breen.


Ademais, seis serán os equipos que participarán no Supercampionato R5, con Alberto Meira e Avelino Martínez e Daniel Berdomás e Brais Mirón como firmes aspirantes ao triunfo neste formato e tamén na proba.


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén estará presente o Clio Trophy Galicia, que afronta a súa terceira tempada na comunidade galega e con xa sete equipos inscritos. Completan o elenco de formatos

promocionais as Copas Top Ten Pirelli, o Volante FGA, a Pirelli AMF e o Criterium Recalvi nunha fin de semana que terá actividade dende o mediodía coas verificacións na carpa do Campo da Feira de Lalín. No mesmo lugar terá lugar a cerimonia de saída, a partir das 20:30 horas e en formato inverso.


Precisamente a cerimonia de saída será retransmitida de forma íntegra a través da canle de Youtube da FGA.

Outra das novidades desta tempada 2025 será a estrea do novo vehículo ‘0’ da FGA, que será un Toyota Yaris GR cedido polo Grupo Breogán Motor.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para o sábado 10 treitos cronometrados que darán comezo ás 8:00 horas coa primeira pasada por O Couto. O primeiro participante chegará ao centro Comercial Pontiñas ás 21:50 horas.


Tódolos afeccionados poden acceder a información da proba a través do sportity: COCIDO25 e da web https://www.ralidococido.com/



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page