top of page

Arranca en Silleda o Programa Anduriña con clases de galego e español para a veciñanza migrante

É unha formación gratuíta que continuará ata finais de xuño na Casa da Xuventude


Ecos da Comarca/Xeral

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar Social,

Ángela Troitiño, deron a benvida ás persoas participantes no Programa Anduriña, xa que este luns omezou unha nova edición. Trátase dunha iniciativa de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante empadronada no Concello de Silleda e maior de idade.


Así, dende onte, luns 6 de maio, e ata finais de xuño impartiranse cursos de galego e español, de xeito gratuíto, na Casa da Xuventude.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As sesións de lingua española son os luns (de 9:00 a 11:00) e martes (de 11:15 a 13:15), que deron comezo esta mañá. As clases de lingua galega iniciáronse tamén hoxe e son os luns (de 11:15 a 13:15) e martes (de 9:00 a 11:00).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En castelán hai case 30 persoas inscritas e en galego un grupo de 10 persoas. Con este programa dende o Concello de Silleda búscase facilitar a integración das persoas inmigrantes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page