top of page

Arranca en Silleda a segunda edición do programa de formación “Galegas Dixitais”

Este curso formativo, de balde, impartirase na Casa da Xuventude ata o 13 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas


Laura Moure/Silleda

O programa “Galegas Dixitais” arrancou este luns en Silleda, nas dependencias da Casa da Xuventude. Un total de 21 mulleres participan neste programa de formación en materia dixital ata o vindeiro 13 de outubro, que se divide en tres módulos, de 40 horas cada un.

Así abordaranse cuestións como as competencias dixitais básicas, con coñecementos para o día a día; outras avanzadas, enfocadas ao traballo; e tamén competencias dixitais para o emprendemento e negocios.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta iniciativa, destinada a mulleres en situación de desemprego, está promocionada pola Xunta de Galicia dende a Consellería de Emprego e Igualdade. A Concellería de Igualdade, Ángela Troitiño, asistiu ao inicio do curso, onde lembrou ás participantes a importancia da formación dixital no marco da empregabilidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas que superen o ciclo, ademais do título acreditativo oficial, recibirán un ordenador portátil.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page