top of page

Arranca en Dozón o obradoiro “Freixo II” para formar a 20 desempregados durante 12 meses

Trátase dunha iniciativa conxunta dos concellos de Dozón, Rodeiro e Agolada que conta

cunha aportación de 504.000 euros da Xunta de Galicia


Laura Moure/Deza

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos, asistiu hoxe á presentación e apertura do Obradoiro de Emprego “Freixo II”, que desenvolverá conxuntamente cos concellos de Rodeiro e Agolada e que formará a 20 persoas desempregadas durante os vindeiros 12 meses.

Nesta segunda edición, o obradoiro “Freixo II” conta cunha achega de 504.000 euros

da Xunta de Galicia para impartir dous módulos: Conservación e mellora de montes e

Repoboación forestal e tratamentos silvícolas.


Segundo explicou o alcalde, baixo a coordinación do director e dos dous docentes

contratados, os/as participantes adquirirán coñecementos e realizarán traballos

prácticos de mantemento de espazos públicos, zonas verdes e prazas e viais.

No caso concreto de Dozón, parte destas tarefas levaranse a cabo en áreas forestais

como a Pena de Francia, en espazos naturais como a praia fluvial de Sanguiñedo, en

rutas de sendeirismo e en camiños públicos que precisen labores de limpeza e

conservación.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page