top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arranca en Agolada o obradoiro de madurez ‘Enredadas’ no que participará unha ducia de mulleres

Aínda quedan prazas libres

Laura Moure/Agolada

O obradoiro de madurez para mulleres, que leva por título Enredadas, comezará este xoves, día 14, en Agolada. Están anotadas 12 mulleres e terá lugar na Casa da Cultura. E aínda quedan prazas libres. Como indica a traballadora social do Concello, Laura Reboredo, o horario, en principio será de 16:30 a 19:00 horas, pero este pode modificarse se así o deciden as participantes e a persoa encargada de impartilo.

A Casa da Cultura de Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

Aínda hai prazas libres, polo tanto, quen o desexe pode anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de luns a venres de 8:30 a 15:00 horas. E é necesario presentar o DNI no momento da inscrición.


Cabe lembrar que este obradoiro forma parte dunhas xornadas de igualdade promovidas por Servizos Sociais de Agolada. No pasado mes de agosto a Deputación de Pontevedra concedeu unhas subvencións, que estaban dirixidas aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, destinadas ao fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021. O Concello de Agolada recibiu para tal fin 4.686,69 euros. Con esta contía dende o departamento de Servizos Sociais, dirixido polo concelleiro Marcos Galego, organizan estas xornadas que inclúen distintas actividades, que levará a cabo a empresa Talentea.


Enredadas terá unha duración de dez semanas e impartirase todos os xoves dende mañá, 14 de outubro, ata o 16 de decembro.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page