Nas comarcas están iluminadas a Capela da Magdalena en Arzúa, a Capela de San Roque de Melide, o Concello de Palas de Rei e a Igrexa de Santa María das Dores de Lalín
Laura Moure/Xeral
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou este xoves na Igrexa de Santiago Apóstolo de Padrón Acende o Camiño de Santiago, a iniciativa coa que a Xunta de Galicia iluminará este Nadal ata o 8 de xaneiro de xeito especial medio cento de monumentos e edificios emblemáticos do Camiño de Santiago, entre eles algúns das comarcas. Están situados nas catro provincias e dan continuidade ao programa que se levou a cabo durante os anos anos.
Deste xeito, ademais da Igrexa de Santiago Apóstolo en Padrón, na provincia da A Coruña, tamén se iluminarán distintos monumentos do Camiño Portugués, Francés, Inglés, de Fisterra e Muxía e da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Serán, en concreto, a Capela de Santa María Madalena en Ames, a Capela da Magdalena en Arzúa, a Igrexa de Santiago en Betanzos, o Edificio de Correos na Coruña, a Igrexa de Santiago de O Burgo en Culleredo, a Casa do Concello de Fene ou o Teatro Jofre de Ferrol.
Na provincia tamén se iluminarán o Faro de Fisterra, a Capela de San Roque de Melide, a oficina de Turismo en Muxía e a Igrexa de Santa María de Ordes. Completan a listaxe o centro cultural Fernando Casas de Novoa en Oroso, o Torreón dos Andrade en Pontedeume, a Capela da Virxe de Guadalupe en Rianxo. En Santiago de Compostela iluminaranse tres edificios: o de San Caetano, a Torre da Berenguela da Catedral de Santiago e a Cidade da Cultura.
Publicidade
O Camiño Primitivo, de Inverno e o Norte, ademais do Francés, tamén contarán con algúns dos seus monumentos máis emblemáticos iluminados ao seu paso pola provincia de Lugo. En concreto, a Igrexa de Santiago Apóstolo en Castroverde, a Casa de Lemos en Chantada, a Igrexa de Santa María de A Fonsagrada, o Mosteiro Beneditino de San Salvador en Lourenzá, as catedrais de Lugo e de Mondoñedo, a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos, o Concello de Palas de Rei, a Igrexa de Santa María da Real do Cebreiro, a Igrexa de San Nicolás en Portomarín e a Casa do Concello de Triacastela e o Parador de Vilalba.
Na provincia de Ourense iluminaranse varios edificios da Vía da Prata e do Camiño de Inverno como o Concello de O Barco de Valdeorras, a Igrexa de San Martiño de A Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei, a Catedral de Ourense e as Burgas, a Igrexa de Santo Estevo e a de Nosa Señora de Fátima en A Rúa. A campaña Acende o Camiño de Santiago chegará tamén á Torre do Reloxo de San Cristovo de Cea, a Igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia e a Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía.
Publicidade
O camino Portugués e o Portugués da Costa, xunto coa Vía da Prata e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla tamén terán monumentos iluminados na provincia de Pontevedra. Trátase da Capela Santa Liberata de Baiona, a Torre do Reló de A Guarda, a Igrexa de Santa María das Dores de Lalín, o Pazo de Mos, a Igrexa de San Xulián, a Igrexa de San Francisco, a Catedral de Santa María de Tui, a Delegación da Xunta e o Museo do Mar de Galicia en Vigo e a Igrexa de San Cibrao en Vilanova de Arousa.
Turismo
A iniciativa Acende o Camiño de Santiago enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico.
Publicidade
Inclúense os beléns de Valga e de Begonte, ambos de interese turístico, xunto a outros situados en distintos lugares de Galicia, así como mercados navideños con artesanos, produtores, comerciantes que exhibirán e venderán os seus productos locais, pezas e colección de decoración nas principais cidades.
Outras opcións de lecer familiar así como grandes espectáculos como OVO do Circo do Sol que conta co apoio económico da Xunta de Galicia e que se celebrará do 3 ao 7 de xaneiro en Santiago, así como visitas especiais a recursos como o Pazo de Lourizán, son outras das propostas que están recollidas nunha guía que se pode consultar na web de Turismo de Galicia.
Comments