top of page

Arranca a campaña de Nadal "máis ambiciosa" da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda

Laura Moure/Silleda

Este venres día 1 arranca a campaña de Nadal máis completa e ambiciosa da historia da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS). Cun total de máis de 10.000 euros en premios directos e vales de compra, ECOS este Nadal ten preparadas moitas sorpresas. Actividades preparadas para esta campaña de Nadal en Silleda: 1. XOVES DE CHURROS. Volverá a haber dous Xoves de Churros; os establecementos socios repartirán entre a súa clientela máis fiel vales por un Chocolate con Churros que se poderán canxear nas tardes dos xoves 21 e 28, de 17:00 a 20:00 horas, nos establecementos hostaleiros Cuppedia, Maripepa, Pukará, Debibian e Cafe Ina.

2. CALENDARIO DE ADVENTO. Do 1 ao 24 celebrarase como xa ven sendo tradición un sorteo diario de agasallos donados por todos os socios e socias a modo de Calendario de Advento. Os sorteos terán lugar de luns a venres ás 20:30 horas en directo no local do escaparate (Rúa Progreso Nº 64 baixo, ao lado de Ensoños) e será retransmitido desde as redes sociais da asociación. Os sorteos correspondentes a domingos e festivos aplazaranse ao seguinte día laboral.

Para poder participar no calendario os clientes deben facer compras nas súas tendas e establecementos ECOS de confianza e cubrir cos seus datos as rifas proporcionadas coas compras. Coma o ano pasado serán os concursantes os encargados de levar as súas rifas diarias ata a urna ubicada na entrada do local do escaparate (Progreso nº 64 baixo) que estará dispoñible de luns a sábado das 9:00 ás 21:00 horas. Estes sorteos premian a fidelidade diaria da clientela polo que serán acumulativos. O domingo día 24 recollerase a urna ás 20:30 horas e o sorteo final correspondente ao día 24 terá lugar o martes día 26. Se ben os sorteos diarios so se farán coas papeletas recollidas cada día no sorteo final do día 26 entrarán en xogo todas as papeletas acumuldadas desde o día 1.


Ese martes 26, convocaranse a todos os gañadores dos 23 sorteos previos para que acudan ao local a recoller o seu agasallo e así poder disfrutalo nesas datas en familia. Ese mesmo día, tralo sorteo, contactaremos tamén co gañador/gañadora correspondente ao sorteo do 24 para coordinar a entrega do seu premio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

3. SORTEO DE REIS. A campaña para o Sorteo de Reis vai do día 1 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro de 2022 Para entrar no sorteo é preciso acumular tickets por importe total de 100 euros (pode ser un so tiquet de 100 euros ou importe superior ou varios tickets de distintas tendas ou da mesma - sempre socios de ECOS- cuxa suma total sexa 100 euros como mínimo). Os sobres cos tickets e a tarxeta co nome e teléfono da persoa que xoga deben ser entregados nos mesmos establecementos ECOS que terán unha urna habilitada para a campaña durante todo o período de Nadal.

Premios:

  • 1 de 1000 euros (premio donado polo Concello de Silleda).

  • 1 de 750 euros para gastar nos establecementos ECOS.

  • 3 de 500€ para gastar nos establecementos ECOS.

  • 4 de 250€ para gastar nos establecementos ECOS.

  • 5 de 150€ para gastar nos establecementos ECOS.

Estes premios do sorteo de Reis non son acumulativos. 4. ROSCÓNS DE NADAL CON VALES ECOS. Roscóns de Nadal Como ven sendo tradición haberá varios centos de euros en vales ECOS de 10 e de 20 euros escondidos nos roscóns de Reis de Panadería Mella, Arco da Vella, Dulce Deza, Tábora, Panadería Paulino e este ano ademais únese Panadería Codelas.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

5. TARXETAS AGASALLO ECOS BONIFICADAS Unha das novidades deste ano é o lanzamento unha edición limitada de tarxetas agasallo ECOS bonificadas cun 10% de desconto. Con elas poderás por exemplo regalar un vale de 100 euros e só pagar 90 euros xa que o 10% do seu custe págao o colectivo. Unha oportunidade fantástica para coñecer esta opción de agasallo na é quen o recibe quen decide en que o quere gastar sen deixar de apoiar ao pequeno comercio local e con máis de 70 establecementos para elexir.

ECOS anima ademais ao seus socios a facer un esforzo extra na decoración dos locais e a facer todo o posible para que, xunto con todos os alicientes que supoñen as actividades da campaña mercar no comercio local sexa unha experiencia apetecible e moi agradable para todos os nosos veciños e veciñas.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page