top of page
Perruquería Marisa.gif

Arranca a última edición de Deza Recupera, o ciclo práctico de Deza Circular

Laura Moure/Silleda

Este venres día 9 comezará unha nova edición do ciclo Deza Recupera, no marco do programa Deza Circular que contempla accións formativas e prácticas en espazos da Rede Natura 2000 do Concello de Silleda e accións de orientación e asesoramento cara a inserción laboral. Ademais das accións formativas que se están a desenvolver de xeito presencial e tamén online, a finais desta semana iniciase un novo ciclo das sesións prácticas que volverán celebrarse na área fluvial da parroquia de Cira.

Contarán con 25 horas de prácticas específicas, cas que se continuará coa rexeneración e mellora deste espazo singular e único onde se xuntan os ríos Ulla e Deza.


O programa Deza Circular, que promove o Concello de Silleda en colaboración co Concello de Vila de Cruces, conta cun orzamento de 78.336,20 euros, e é un dos poucos da provincia que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad, a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, e conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, a través do correo electrónico emprego@silleda.es ou chamando ao 986 180 239, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón.

44 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page