Aroa Rivas Sarmiento é a autora da postal gañadora deste Nadal do Concello de Vila de Cruces
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, recibiu no día de onte á autora da postal gañadora de Nadal 2022.
"Dende o equipo de goberno querémoslle dar a noraboa a Aroa Rivas Sarmiento pola creatividade e as súas dotes artísticas que este ano lucirán nas tarxetas de Nadal que están en todas as casas do noso concello", sinala López.