Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Ariadna Penín, Alba Rial e Alba Sánchez gañan o II Premio de relato curto en prol da igualdade

Este certame de literatura estaba convocado polo Concello de Melide


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide deu a coñecer este Día das Letras Galegas as obras e autoras

premiadas do II Premio de relato Curto en prol da Igualdade do Concello de Melide. Logo da análise das seis obras presentadas ao dito premio, o xurado, por unanimidade, e

segundo as bases que rexen o dito premio literario, premia os seguintes relatos curtos:

  • Primeiro premio, cunha contía económica de 350 euros, para o relato curto Caladas non estamos máis guapas!, de Ariadna Penín Miguélez, de Melide.

  • Segundo premio, cunha contía económica de 200 euros, para o relato O mandil de Carme, de Alba Rial González, de Melide.

  • Terceiro premio, cunha contía económica de 150 euros, para o relato Nós, loving indómitas, de Alba Sánchez Ares, de Santiago de Compostela.

O xurado do dito premio estivo formado polos seguintes membros: como presidenta: Carmen María Liñeira Sánchez; secretario Joaquim Vázquez Rodríguez e como vogais Ángela López Vázquez, Silvia Cea Vázquez e José Manuel Pampín Villar.

66 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE