top of page

Ariadna Fernández denuncia a lentitude das políticas de vivenda en Deza, Tabeirós e Terra de Montes

Sinala que non resolven a actual crise habitacional


Ecos da Comarca/Deza

O BNG denuncia a grave situación habitacional que atravesan as comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes e criticou “a absoluta falla de políticas públicas de vivenda por parte da Xunta durante anos”, unha situación que, segundo sinalou, “está a converter o acceso á vivenda nun problema estrutural tamén no interior do país”.

Fernández advertiu de que actualmente existen 214 veciños e veciñas inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia nestas comarcas, unha cifra que

evidencia que “non hai xa ningún concello alleo á falla de vivenda existente”. A deputada

nacionalista puxo o foco especialmente nos municipios máis poboados, onde a situación

resulta segundo ella alarmante polos efectos que ten esta crise nas persoas mozas que son incapaces de comezar un proxecto de vida independezándose e as persoas en situacións de vulnerabilidade, xa que esta falla de vivenda inflúe gravemente nos prezos

dos alugueiros.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

“A Estrada conta con 88 persoas demandantes de vivenda, Lalín con 78 e Silleda con 27. Son datos moi graves que demostran o fracaso das políticas da Xunta nesta materia que levan anos sen pensar en concellos medianos e pequenos”, afirmou.


No BNG critican tamén a contradición existente entre a elevada demanda social e a enorme cantidade de vivenda baleira presente nas principais vilas da comarca. “Mentres centos de persoas non poden acceder a unha vivenda digna, Lalín e A Estrada superan

ambas as dúas ás 3.000 vivendas baleiras e continúan existindo grandes propietarios con

múltiples inmobles mentres moitas familias teñen o acceso a un fogar moi difícil”,

denunciou. Neste sentido, Ariadna Fernández lamentou que o Goberno galego “renunciase durante anos a impulsar políticas reais para mobilizar vivenda baleira, regular

os prezos e ampliar o parque público residencial, facéndoo agora con anuncios que chegan fóra de tempo e non son abondos para reverter a crise existente”.


As novas promocións públicas da comarca "chegan tras anos de inmobilismo e non se achegan nin de lonte á demanda que se clarifica nos datos do rexistro de demandantes.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No caso da Estrada, onde hai 88 persoas inscritas como demandantes, a previsión da Xunta é construír unicamente 28 vivendas públicas para 2028. En Lalín, con 78 demandantes rexistrados, o proxecto anunciado contempla só 17 vivendas” aclara Fernández. Desde o BNG alertan ademais de que esta situación está a afectar directamente ao desenvolvemento económico e social do rural. “Hai explotacións agrarias,

empresas privadas e servizos públicos onde traballan persoas que teñen enormes dificultades para atopar vivenda nos concellos da comarca”, explicou a deputada,

“mentres hai centos de vivendas baleiras tanto nos núcleos urbanos coma nas aldeas da

comarca.”


Reclama, así, un cambio profundo nas políticas públicas de vivenda, cun compromiso “real e ambicioso” por parte da Xunta para incrementar o parque público residencial, mobilizar as vivendas baleiras e garantir o dereito á vivenda tamén no interior do país. “Non pode haber equilibrio territorial nin futuro para o rural galego se vivir nun concello do

interior acaba sendo imposible para a xente nova, para as familias traballadoras ou para

quen quere vir desenvolver aquí o seu proxecto de vida”, conclúe.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page