top of page

Areán replícalle a Cuiña que “as súas artimañas familiares non lograrán boicotear a Gran Praza”

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O voceiro popular de Lalín ve ao candidato de CxL “inmerso nunha espiral de desesperación e de teatralización da política e“disposto a utilizar a familiares para tentar inutilmente torpedear a compra dos terreos”


Ecos da Comarca/Lalín

O voceiro do PP de Lalín, Pablo Areán, replicoulle este venres ao candidato de CxL, Rafael Cuiña, que “as súas artimañas familiares e as súas mentiras non lograrán boicotear a operación de adquisición dos terreos para desenvolver o proxecto da Gran Praza”. Pablo Areán ve “surrealista” que Cuiña lle pida a Crespo “que se calme”, cando o voceiro de CxL é “o único que está inmerso nunha espiral de desesperación, de falsedades e de teatralización da política”.

“A postura de Cuiña é tan mesquiña que, con tal de que o goberno local non poida formalizar a compra dos terreos para a Gran Praza antes das eleccións, está disposto a muñir unha estratexia utilizando a familiares para tentar inutilmente torpedear a operación”, resaltou. O voceiro popular lembra que cando comezou o diálogo coas familias, Crespo

solicitoulles a designación dunha persoa interlocutora que puidera negociar co Concello en representación de cada unha delas. “É moi curioso que despois de contar coa palabra desas persoas, de repente, cando se vai formalizar a compra dous meses antes das eleccións, sexa unha familiar de Rafael Cuiña a que se bota atrás”, explicou Areán.


“O único que minte sobre a realidade do acontecido é o candidato de Compromiso e Lalín debe saber que o goberno local xa ten comprometida máis do 90% da superficie e que Rafael Cuiña é o principal responsable de que, por intereses electorais, a última hora alguén da súa familia se opoña á venda duns poucos metros”, engadiu Areán.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, Pablo Areán afeoulle a Cuiña que cualifique a Crespo “alcalde de

infografías” e replicoulle que “as obras de Crespo falan por si soas e algunhas que no seu día foron infografías, como a urbanización do Regueiriño, o Lalín Arena, o novo concello, os xulgados ou a rolda leste, son feitos grazas a Crespo”. “Para poder facer infografías hai que ter proxectos e o cadripartito de Rafael Cuiña era incapaz ata para iso”, remarcou.


“Fracaso da CIG”

Por outra banda, Pablo Areán tamén aproveita para subliñar o “fracaso absoluto” da manifestación convocada pola CIG, con media ducia de asistentes. “A CIG pretende instrumentalizar aos traballadores en contra do goberno local, pero ninguén lle compra o seu discurso, porque todo o mundo sabe que en Lalín impórtalle máis arroupar politicamente ao candidato do BNG que defender os intereses dos traballadores municipais”, afirmou.


Finalmente, o voceiro popular tamén considerou “inaudito” que o voceiro do BNG “pretenda dar a entender que a súa xestión conseguiu traer os exames do carné de

conducir para Lalín”. “Contando tamén cos votos do PP, o único que se conseguiu é que o Congreso aprobase instar ao Goberno para autorizar a realización dos exames de conducir en Lalín, é dicir, trasladarase a proposta, pero, lonxe do triunfalismo sobreactuado do BNG, de momento non hai nada de nada”, indicou.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page