Ecos da Comarca/Melide
Esta madrugada orixinouse un incendio no municipio de Melide. Arderon dous vehículos e material acumulado nas proximidades dun almacén de colchóns, tal e como informa o 112 Galicia. Diversos particulares informaron ao 112 deste suceso que se saldou sen danos persoais.
Autor: Roberto Pérez Cecón.
Os feitos ocorreron contra as 5:20 horas desta mañá. Neste momento un alertador contactou co 112 Galicia para indicar que saía fume negro das proximidades dunha nave dedicada ao almacenamento de colchóns no Leboreiro, á altura do quilómetro 44 da N-547. Na zona tamén hai outros negocios, entre os que se atopa un restaurante, o Ribeira Sacra. Esta mañá ECOS DA COMARCA desprazámonos ao lugar e falamos cun dos afectados, con Roberto Pérez Cecón, propietario deste local de hostalaría."Despertei de noite e sentín un ruído e incluso, pensei que estaba chovendo. Pero cando mirei pola ventá xa vin a enorme fumareda e xa chamei ao 112", sinala Pérez que foi o primeiro en dar a voz de alarma.
Publicidade
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Melide.
Os servizos de extinción procederon a atallar as lapas, que calcinaron dous vehículos, un Mercedes e un Opel Calibra, tal e como nos confirmou Pérez, e unha carpa con cadeiras e outros materiais, como un cortacésped e cinco neveiras, pertencentes ao restaurante, así coma escuma e estantes que se atopaban detrás do almacén de colchóns. Non se viron afectadas, por fortuna, as instalacións da nave nin o restaurante nin a vivenda deste último negocio.
IMAXINO QUE SERIA SI DESDE MEU PUNTO DE VISTA ALI NA CONTORNA E SEGUN CONTOU ALGUN VECINHO DE ALO E TINHAN COUSAS ALO GARDADAS A CONSCIENCIA SI DENDE A MI;A HUMIDE REALIDADE DOS FEITOS UN INCENDIO PROVOCADO CREO EU EN MELIDE