Arde unha tenda de produtos agrícolas
- ecosdacomarca

- 29 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O local ardeu practicamente na súa totalidade, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.
Os servizos de emerxencias traballaron durante varias horas para apagar un lume que afectou a unha tenda de produtos agrícolas situada na parroquia de Baíñas, en Vimianzo. O local, de dúas plantas, comezou a arder pasadas as 20 horas, cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Nese momento, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias trasladaron a información aos Bombeiros de Cee e Santa Comba, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.
Publicidade
No interior das instalacións almacenábanse produtos agrícolas (algúns deles inflamables) e maquinaria, e a vivenda contigua estaba habitada, mais todas as persoas atopábanse fóra no momento do aviso.
Publicidade
Pouco despois das 22:30 horas, os bombeiros confirmaron que o incendio estaba xa controlado e continuaron no lugar realizando tarefas de arrefriamento e ventilación.








Comentarios