top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arde unha sala de ordenadores no hospital psiquiátrico de Conxo sen provocar danos persoais

Ecos da Comarca/Xeral

Arde unha sala de ordenadores no hospital psiquiátrico de Conxo sen provocar danos persoais. Un particular chamou ao 112 Galicia dez minutos despois das 20:30 horas deste domingo para alertar deste lume nas instalacións do hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago.


Publicidade

Naquel momento xa estaban evacuando ás persoas do primeiro andar, onde se sitúa a sala de ordenadores na que comezou o incendio.


De inmediato, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago, á Policía Nacional e Local.


Publicidade

Ao mesmo tempo, os servizos sanitarios mobilizaron ao seu persoal a bordo dunha ambulancia, pero non foi necesaria a súa intervención.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page