Ecos da Comarca/Xeral

Arde unha nave no Polígono Industrial do Tambre de Compostela sen causar danos persoais. O lume iniciouse nunha nave sen actividade, que nestes momentos, estaba a ser acondicionada para unha nova apertura. O local, situado na Vía de Edison, no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, ardeu por completo e afectou a dúas naves lindeiras. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.
Publicidade
Ao fío das dez e media da pasada noite, varios particulares contactaban co 112 Galicia para informar dunha nave ardendo no Polígono do Tambre, sen coñecer se habería xente afectada.
Publicidade
A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Santiago, á Policía Local, á Nacional e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade. Ademais, por se fose necesaria a súa intervención, informaron dos feitos ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Publicidade
Tras desprazarse decontado ao punto, os Bombeiros, unha vez controlada a situación, lograron a completa extinción do lume e procederon a refrixerar a zona. Así, tras finalizar o seu traballo, indicaron que a nave na que se iniciara o lume, ardera na súa totalidade e que as dúas naves lindeiras tamén resultaran afectadas polos laterais.
Commentaires