top of page

Arde unha frixideira na cociña dun establecemento de hostalaría en Oroso

Ecos da Comarca/Xeral

Arde unha frixideira na cociña dun establecemento de hostalaría en Oroso sen que ningunha persoa resultase afectada, tal e como informa o 112 Galicia. Por precaución, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, derivou ao punto unha ambulancia, que, por fortuna, non foi necesaria a súa intervención. Ningunha persoa resultou afectada.

Os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade xunto cos axentes da Garda Civil e o propietario do local, coa axuda de extintores puideron controlar as lapas, mentres non chegaron os medios de extinción.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Un particular foi quen, ás 8:00 horas desta mañá, contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía a cociña dun bar en Sigüeiro, situado na Avenida de Compostela, no concello de Oroso. Así, con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Santiago, ao GES de Brión, á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que tras chegar ao establecemento xunto cos axentes da Garda Civil e o propietario controlaron a situación, iso si, segundo indicaron, as lapas provocaron unha gran fumareda en todo o local.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Finalmente, os membros do GES comunicaron a total extinción do lume. Indicaron que tras ser apagado cos extintores procederon coas tarefas de ventilación e fixeron as correspondentes medicións de temperatura. Así mesmo, indicaron que tan só ardeu unha frixideira.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page