Ecos da Comarca/Dozón
A N-525 ao seu paso polo municipio de Dozón rexistrou esta mañá un incendio dun vehículo, un Audi A4. O 112 recibiu a alerta ao redor das 12:30 horas de que un coche esta ardendo preto do polígono industrial deste concello.
Ao lugar foron mobilizados efectivos de Emerxencias Lalín e os bombeiros do Parque Intercomarcal de Silleda, que lograron apagar o lume. O coche quedou calcinado case por completo, pero por sorte, non se produciron danos persoais.
Emerxencias Lalín e os bombeiros durante a intervención esta mañá en Dozón.
Autor: Emerxencias Lalín.
コメント