top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Arde un coche na A-54 á altura do concello do Pino

Ecos da Comarca/Arzúa

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa participou esta mañá  nun operativo derivado por un incendio dun vehículo na estrada A-54 no kilómetro 80 en dirección Arzúa, no concello do Pino, tal e como informa o Gabinete de Comunicación - Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña.

O coche afectado. Fonte: Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña.

"Á súa chegada realizou unha inspección perimetral do vehículo observando que estaba ardendo por completo, tanto o motor como o interior do mesmo. Os propietaros do coche xa se atopaban fóra do mesmo sin ningún dano", informa.


Publicidade

O operativo procedeu a extinción do lume, arrefriando a zona para poder abrir o portón do motor e o do maleteiro para así sofocar por completo o lume. Unha vez rematada a extinción, procedeuse a limpeza da propia autovía.


Ademais dos Bombeiros de Arzúa, completou o operativo a Garda Civil de Tráfico de Santiago.




0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page