Ecos da Comarca/Agolada

Este domingo orixinouse un incendio dun vehículo no municipio de Agolada. O suceso ocorreu sobre as dúas da tarde na estrada PO-840 á altura da parroquia de Artoño. O coche calcinouse por completo.
Publicidade
"Empezou a saír fume polo teito e entón baixeime. Fun mirar no motor e non vin nada. Despois abrín o maleteiro e estaba ardendo", conta o afectado, Rafael Méndez, veciño de Artoño e exconcelleiro de Agolada.
Publicidade
Os primeiros en desprazarse ao lugar foron os membros de Protección Civil de Agolada. Despois tamén chegaron axentes da Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Deza, pero xa non se puido facer nada polo vehículo.

Comments