Arde por completo un camión na AP-53 ao seu paso pola Estrada
- ecosdacomarca
- 6 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Arde por completo un camión na AP-53 ao seu paso pola Estrada, tal e como informa o 112 Galicia. Ninguén resultou ferido e o vehículo transportaba roupa, que tamén ardeu. A rápida actuación dos equipos de extinción evitou que o incendio se propagase ao monte.

O condutor implicado chamou ao 112 Galicia dez minutos despois das 5:30 horas e narrou o acontecido: acababa de sufrir un accidente no quilómetro 20 da AP-53, en Oca. Non estaba ferido, pero o camión ocupaba un carril de circulación en sentido Santiago.
Publicidade
Poucos minutos despois, o alertador volvía contactar co CIAE-112 Galicia e indicou que o vehículo estaba a arder por completo.
De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Silleda, á Garda Civil de Tráfico, ao GES e ao Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada e aos servizos de mantemento da autoestrada.
Publicidade
O tráfico permaneceu interrompido durante a maior parte dos traballos dos servizos de emerxencias, aínda que en momentos puntuais permitiuse o paso de vehículos por un dos carrís de circulación.
Comments