Arde por completo un alpendre con vehículos e maquinaria agrícola no seu interior en Toques
- ecosdacomarca

- 25 sept 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Toques
Esta madrugada orixinouse un incendio nun alpendre do municipio de Toques, tal e como informan o 112 Galicia e os Bombeiros de Arzúa, que foron os encargados de extinguilo.

PUBLICIDADE
Unha vez o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tivo constancia do incendio, ocorrido pouco antes das 4 horas no lugar de Fondevila (San Martiño de Oleiros), puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Arzúa e da Garda Civil. O alertador explicou que no interior do alpendre había dous coches, maquinaria agrícola, leña e outros materiais.
PUBLICIDADE
Pouco antes das 5 horas, os bombeiros confirmaron que a situación estaba controlada e que o alpendre ardera por completo, "así como varios coches, motos, un vehículo agrícola e diversos aparellos", sinalan os Bombeiros, que indican que o tellado colpasou.








Comentarios