Arde por completo o piso superior dunha vivenda sen provocar danos persoais en Mesía
- ecosdacomarca

- 25 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Arde por completo o piso superior dunha vivenda sen provocar danos persoais en Mesía. Os servizos sanitarios atenderon a unha persoa por unha crise de ansiedade, pero ao final ninguén foi trasladado.

Minutos antes das 22:30 horas do martes, un particular contactou co 112 Galicia e alertou de que ardía a parte superior dunha casa no lugar de Fontorto, pertencente á parroquia mesiense de Boado. Malia que non había persoas no interior da vivenda, os servizos sanitarios si atenderon ao dono no punto debido a unha crise de ansiedade.
As lapas consumiron totalmente a planta superior do domicilio, no que había diversos mobles e materiais almacenados. Unha vez apagado o lume, os equipos de extinción encargáronse das tarefas de ventilación.
Publicidade
Neste operativo, ademais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Ordes, tamén participaron o GES de Curtis e os axentes da Garda Civil.







Comentarios