Incendio no Lugar de Bosende
IsmaelRS/Arzúa Esta madrugada, arredor das 03:00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que estaba a ver saír fume dun garaxe.
Os feitos aconteceron no lugar de Bosende, no municipio de Arzúa. Para acudir ata o punto, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, aos membros de Protección Civil e aos servizos sanitarios de urxencia.
Camión de bombeiros Fonte: Se desconoce
Minutos despois, os propios Bombeiros de Arzúa informaron de que o lume se orixinou nunha neveira e que afectou á totalidade do garaxe da casa. Ademais, tamén se viu afectado un vehículo e varios obxectos do interior do alpendre. *Cabe mencionar que esta información foi proporcionada polo 112 Galicia.
Commentaires