top of page

Arde a campá extractora e un moble dunha cociña en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Esta tarde orixinouse un incendio nunha vivenda de Melide. O suceso ocorreu ás 17:45 horas na circunvalación do Campo da Feira.

Tal e como informa o 112 Galicia ardeu a campá extractora e un moble da cociña. Ata o lugar desprazáronse Protección Civil de Melide, a Garda Civil e os Bombeiros de Arzúa.

"Unha vez no sitio, Protección Civil indicounos que os veciños xa conseguiran apagar o lume e xa non fixo falta que os bombeiros actuaran", sinala o 112. Non houbo que lamentar danos persoais.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page