top of page

Archivada a causa contra o condutor do autobús no que faleceron sete persoas na Noiteboa de 2022

Nese tráxico accidente perderon a vida catro veciños da comarca de Deza


Ecos da Comarca/Xeral

O Xuzgado de Instrución número 1 de Pontevedra exculpa ao condutor do autobús no que sete persoas perderon a vida na Noiteboa de 2022 tras caer o vehículo ao río Lérez, ao seu paso por Pedre, en Cerdedo-Cotobade.

O xulgado dictou sobreseimento da causa porque o auto determina que non hai indicios da posible comisión dunha imprudencia grave ou menos grave cometida polo condutor, a pesar de que os informes da Garda Civil o sinalaban como responsable do sinistro por un exceso de velocidade, e polo tanto, estaba sendo investigado por sete delitos de homicidio imprudente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Cabe mencionar que nese momento, un día de moitísima choiva e pasadas as 21 horas, viaxaban no autocar un total de nove persoas, e só se salvaron dúas, o propio condutor e unha pasaxeira. No tráxico sinistro que conmocionou a toda España, faleceron das comarcas unha veciña de Agolada; unha nai e un fillo, naturais de Agolada pero que naquel momento vivían en Lalín e unha mestra que residía tamén na capital dezá e que impartiu clase nos dous institutos de Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

NOTICIAS RELACIONADAS:



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page