top of page
Foto del escritorLaura Moure

Arabías pon en marcha un obradoiro en novembro en Arzúa, Touro, Boiro e Santiago

Ten como finalidade recuperar e poñer en común de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan


Laura Moure/Comarca de Arzúa


EspadELA é a Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural que nace en 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña. A cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola posta en marcha de proxectos centrados na igualdade, no feminismo e na transformación social e leva a cabo as súas inciativas tamén na comarca de Arzúa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

EspadELA xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas. A primeira, segunda, terceira e cuarta edición da escola desenvolveuse nos municipios de Arzúa, Ordes, Betanzos, Moeche, As Pontes, Valdoviño, Cabanas, Cambre e Carral. obtendo altos niveis de participación e satisfacción por parte das mulleres participantes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Este setembro iniciamos a quinta edición de EspadELA. O programa desenvolverase nas localidades de Boiro, Touro, Arzúa e Santiago de Compostela até o mes de decembro. Nesta ocasión incorporamos diferentes actividades, tales como obradoiros, xornadas formativas e unha exposición fotográfica onde participaron as veciñas da Plataforma Veciñal Mina de Touro e Pino NON. Este mes de novembro comezan as actividades con catro sesións do obradoiro SABERES EN COMÚN", informa o colectivo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este obradoiro ten como finalidade recuperar e poñer en común de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan. As sesións do obradoiro terán lugar os luns de novembro 6, 13, 20 e 27. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición vai até o venres 3 de novembro. As mulleres que queiran saber máis sobre este proxecto poden escribir a 981 504 029 / 619 457 324 ou no email info@arabias.org

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page