top of page

'Aquí Tou!', o monólogo de Xosé A. Touriñán, chega a Melide o 4 de abril

As entradas poden mercarse a través de aquitou.gal


Laura Moure/Melide

Xosé A. Touriñán multiplica a súa axenda de actuacións para os próximos meses, desta volta cunha nova xira do seu monólogo. 'Aquí Tou!' percorrerá sete teatros e auditorios galegos e visitará oTeatro Arlekin de Madrid o 5 de abril, na que será a primeira actuación do actor co seu espectáculo en solitario fóra de Galicia.

Touriñán. Autor: Aigi Boga.
Touriñán. Autor: Aigi Boga.

A programación abrirase o 4 de abril en Melide, ás 20:30 horas no Centro Sociocultural Mingos de Pita, e logo davisita á capital do estado, continuará o venres 25 en Sanxenxo (Auditorio Emilia Pardo Bazán). Xa en maio, estará en Cee o venres 10, en Ourense o sábado 11, e pechará a xira con tres actuacións consecutivas os días 23, 24 e 25 no Carballiño, Lugo e Ponteareas respectivamente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En 'Aquí Tou!', Touriñán fai un percorrido pola súa vida: desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posible epitafio. Momentos importantes do seu camiño vital cos que sentirse identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa particular biografía, chea de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.


Os interesados poden mercar as entradas do seu mónologo no seguinte enlace: https://aine.gal/aqui-tou-o-monologo-de-xose-a-tourinan-programa-oito-novas-funcions-esta-primavera/



コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page