top of page

Aprobado o novo mapa de xeodestinos de Galicia que amplía ata 26 áreas as xeográficas diferenciadas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Trátase de espazos cunha homoxeneidade territorial que, xunto cos seus recursos turísticos, conforman unha identidade turística singular e distinta


Laura Moure/Xeral

O Consello da Xunta aprobou este xoves o novo mapa galego de xeodestinos turísticos de Galicia, elaborado por parte de Turismo de Galicia en colaboración cos concellos, ao que se suman 12 novos xeodestinos ata acadar 26 áreas xeográficas diferenciadas. A través deste documento preténdese afondar na posta en valor dos xeodestinos como polos de desenvolvemento turístico no eido local e como axentes coordinadores e executores dunha xestión holística de destino para todo o territorio que abranguen. Os xeodestinos turísticos de Galicia, son áreas ou espazos xeográficos que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto coa súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular que están en continua evolución.

O castelo de Pambre de Palas, un dos atractivos turísticos das comarcas. Autor: Ecos da Comarca.

O mapa de xeodestinos que estivo vixente ata a actualidade deseñouse no ano 2011 como ferramenta de promoción turística dándolle un pulo ao turismo experiencial, especializado e de calidade que representou un salto cualitativo á hora de entender o turismo desde o territorio, enriquecendo a singularidade e a diferenza de Galicia como multidestino.


Grazas á aprobación do novo mapa, a Comunidade contará cun total de 26 xeodestinos, 12 máis que ata o momento. Así, o mapa de xeodestinos con que contará Galicia son:


1. FERROLTERRA Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.


2. AS MARIÑAS Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.


3. COSTA DA MORTE Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.


4. TERRAS DE SANTIAGO Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.


5. TERRAS DA COMARCA DE ORDES Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.


6. ULLA – TAMBRE - MANDEO Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vilasantar.


7. RIA DE MUROS – NOIA Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son


8. BARBANZA – AROUSA Boiro, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira


9. MARIÑA LUCENSE Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.


10. TERRA CHÁ Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.


11. COMARCA DE LUGO – TERRAS DA ULLOA Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.


12. ANCARES – TERRAS DE BURÓN Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribeira de Piquín e Sarria.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

13. COUREL Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.


14. RIBEIRA SACRA Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo


15. RIBEIRO – CARBALLIÑO Amoeiro, A Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea, Toén e Vilamarín.


16. CELANOVA – TERRAS DO XURÉS Bande, Barbadás, A Bola, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, A Merca, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.


17. ALLARIZ – MACEDA Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.


18. A LIMIA Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia.


19. VERÍN – MONTERREI Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.


20. TREVINCA-VALDEORRAS O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Rúa de Valdeorras, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.


21. SALNÉS Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.


22. MAR DE SANTIAGO Catoira, Pontecesures, Valga e Vilanova de Arousa.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page