top of page

Aprobadas as bases para a contratación de 10 persoas como operarias no Concello de Silleda

Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 9 meses a través do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda contará cun total de 10 persoas como novas operarias por un periodo de 9 meses. Esta contratación levarase a cabo a través da Liña 3 do programa Máis Provincia, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego. En total a subvención outorgada para estas contracións ascende a 164.769,30 euros.

Para este exercicio, a oferta inclúe unha praza de condutor/a de camión, 2 para condutor/a de tractor e outras 7 persoas como peóns 7, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.


Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos nos vindeiros meses.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases que rexerán no proceso de selección destas persoas, e que se realizará ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Unha vez remitida a través da Oficina de Emprego a lista de persoas candidatas, procederase a realización das probas estipuladas nas bases. “Un ano máis volvemos a contar con personal a través deste programa, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos á nosa veciñanza”, engade a alcaldesa, Paula Fernández Pena.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page