Coviastec S.L execturará os traballos, subvencionados co programa de fondos europeos DUS 5000, por un importe de 948.259 euros
Ecos da Comarca/Silleda
O proxecto “Mellora de mobilidade peonil e rexeneración urbana da praza da Bandeira” adxudicarase á empresa Coviastec S.L, por un importe de 948.259,93 euros (IVE
engadido). Así o acordou hoxe o pleno nunha sesión urxente e extraordinaria por unanimidade de todos os grupos.
O proceso de licitación rematou hai uns días, ca presentación de 5 ofertes, sendo a de Coviastec a que acadou maior puntuación.
Publicidade
O goberno municipal incluiu na sesión ordinaria do pasado xoves esta aprobación, se ben houbo que convocar outro pleno (o de hoxe durou apenas 5 minutos) porque a oposición votou en contra da urxencia aducindo que non tiveran tempo de ver a proposta.
A empresa adxudicataria terá un prazo de 9 meses para executar as obras dende a firma da acta de replanteo. A obra realizarase grazas á subvención do programa DUS 5000, do
Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) do Estado, que financia a obra nun 80%.
Publicidade
A redacción do proxecto financiouse ademais con cargo á Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, da que o Concello de Silleda forma parte, cumprindo cas liñas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do municipio.
Na sesión o PP pediu tomar medidas para que as obras non interfiran na feira, e o BNG considera o proxecto “pouco ambicioso”.
Publicidade
A remodelación non só afectará á praza Juan Salgueiro da localidade, senón que tamén rexenerará as rúas de todo o entorno, incluída a urbanización da rúa Travesía de Vista Alegre.
Comments