O prazo de solicitudes abrirase en canto esta convocatoria sexa aprobada no Boletín Oficial da Provincia, cun mes para a súa formalización
Laura Moure/Silleda
A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar a convocatoria das axudas a entidades culturais, deportivas e veciñais ou de participación social para este ano 2024. As bases destas tres convocatorias foron publicadas o pasado mes de febreiro. O prazo de solicitude (que será de 30 días) abrirase unha vez que a convocatoria se publique no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.
Cada colectivo, ao igual que en anos anteriores, só poderá optar a unha das tres convocatorias. Así mesmo, tal e como marca a normativa, as solicitudes deben de facerse por sede electrónica. En total, nas tres liñas de subvencións repartiránse máis de 100.000 euros, unha cantidade histórica, ao aumentar tamén este ano a cantidade prevista na liña de subvencións a entidades veciñais e/ou de participación social.
Publicidade
No caso das actividades culturais, hai unha partida específica con subvencións nominativas para a Banda de Música Municipal de Silleda (20.000 euros) e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira (15.000 euros)., polas súas especiais características de funcionamento.
Publicidade
Deste xeito, por concorrencia competitiva no caso das culturais serán 23.000 euros (58.000 euros en total tendo en conta as dúas nominativas) . Nas axudas a colectivos veciñais e de participación social repartiránse outros 11.100 euros, e tamén se mantén a contía de 35.000 euros para os clubs deportivos.
As bases e a documentación están ademais dispoñibles na web municipal www.silleda.gal.
Commenti