top of page

Aprobada a proposta de execións na pesca aportada por Troiteiros Río Furelos de Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os menores de idades, os maiores de 65 anos e as que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% estarán exentas do pagamento de taxas para a obtención da licenza de pesca continental


Ecos da Comarca/Melide

A Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide informa de que as persoas menores de idade, as maiores de 65 anos e as que teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% estarán exentas do pagamento de taxas para a obtención da licenza de pesca continental.

En concreto, explica que no DOG do 31 de decembro no artigo 38 Modificación da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro , de pesca continental de GALICIA Tres : Modificase o número dous do artigo 20, que pasa a ter a seguinte redacción: << Quedarán exentas do pagamento de taxas para a obtención da licenza de pesca continental as persoas menores de idade ou maiores de 65 anos e as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% acreditada mediante declaración responsable no momento da súa expedición>>.(DNI, Certificado Discapacidade,Tarxeta Discapacidade).


Lembramos que esta modificación foi aprobada por unanimidade polo Consello Provincial de Pesca Fluvial de A Coruña o pasado día 2 de outubro do 2024 a proposta da Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesa mesma xuntanza tamén se aprobou por unanimidade que se permita ás persoas cun grao de discapacidade do 33% ou superior o uso de engado natural a partir do 1 de xullo nas masas de auga que figuran no anexo IX da orde anual. "Este acordo non aparece recollido no DOG pero estamos á espera que se corrixa ese erro. No momento que se faga

efectiva a corrección, informaremos da mesma", sinala a asociación melidense.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page