top of page

Aprobada a moción contra a instalación de Altri no pleno municipal de Melide

Ecos da Comarca/Melide

A Corporación Municipal de Melide celebrou o pleno ordinario este mércores, e tal e como informa o PSOE, quedou aprobada a moción contra a instalación de Altri/Greenfiber en Palas de Rei. A moción foi presentada polo grupo municipal mixto, por medio de Mónica Barral, a voceira socialista. Foi aprobada cos votos a favor do PSOE, BNG e Adiante Melide e a abstención do PP.

Texto da MOCIÓN:

Ao abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986), presenta a moción en relación a instalación da industria pastera ALTRI preto de Melide.

Mónica Barral Carregal en representación do Grupo Mixto, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En abril do ano 2022 anunciouse por parte do Goberno Galego e da industria pasteira Altri, que se elixía o concello veciño de Palas de Rei para a instalación da “primeira fábrica de fibras textís de España. Según os promotores, o proxecto suporía a creación de 2.500 empregos, sería totalmente respectuoso co medioambiente da zona e significaría a transformación económica do interior de Galicia".


"Agora, no ano 2024, a falta de transparencia no proceso, as  intervencións dos membros do goberno galego e a falta de respostas da empresa promotora, xunto coas alertas publicadas por colectivos, asociacións e cualificados profesionais técnicos, demóstrase que o anunciado pola Xunta e a empresa, foi un engano á sociedade galega e máis en concreto ao interior de Galicia, xa que a realidade é unha empresa de celulosa descomunal, no cal a fibra téxtil será unha pequena parte da súa produción". 


"De realizarse o proxecto, teríamos que asumir riscos evidentes e graves para o medioambiente, a saúde da poboacións próximas e a desaparición de sectores produtivos clásicos da zona".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Mixto propón ao Pleno do Concello a adopción dos seguintes ACORDOS:

1º. Non apoiar a construción de celulosa no concello de Palas de Rei polos riscos evidentes e graves que significaría para medioambiente, a saúde da poboacións próximas e a desaparición de sectores produtivos clásicos da zona.

2º. Dar traslado do acordo á Xunta de Galicia e a Goberno de España.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page