Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Aprobada a licitación para as obras doutros 17 tramos de vías no rural de Silleda

Estas actuacións contarán cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros a través do Plan Concellos da Deputación


Laura Moure/Silleda

O procedemento para iniciar un novo e histórico proxecto de reforma viaria no rural está xa en marcha. O executivo silledense deu o visto bo esta semana en Xunta de Goberno Local á apobración dos pregos de contratación e o expediente de contratación deste novo investimento, con máis de 1,2 millóns de euros a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.


O expediente, que pasou previamente pola Comisión Especial de Contas e Informativa de Economía, sairá a concurso nos vindeiros días, mediante procedemento aberto. Unha vez publicado na Plataforma de Contratación do Estado, abrirase un prazo de 26 días naturais para a presentación das ofertas.

Estas actuacións, con cargo aos fondos do Plan Concellos da Deputación que lle corresponden ao municipio, están xa contempladas no orzamento municipal deste ano, e suporán a mellora doutros 17 tramos en distintos puntos do termo municipal, que suman –aproximadamente 20 quilométros de lonxitude. O prezo de licitación sitúase en 1.248.132 euros.

Así, reformarase o vial da parroquia de Pazos dende a ponte do TAV ata o lugar de Quintás. Tamén en Martixe se mellorará todo o viario do núcleo de Martixe de Abaixo e en Manduas o lugar de Andamollo.


En Carboeiro realizarase o tramo dende Carboeiro de Francia ata o acceso ao mosteiro e na Bandeira renovarase o firme do vial da Devesa, dende o centro de saúde ata o enlace ca pista de San Brais, en Chapa.


Na parroquia de Parada as obras de mellora viaria afectarán a dous tramos que discorren entre os lugares de Mediodaldea e Outeiro. Tamén en Ponte se renovarán outros dous tramos: o que vai dende Vilar ata Rosende e que une esta localidade ca parroquia de O Castro, discorrindo paralelamente á AP-53.

En Moalde arraxaranse as pistas que dan acceso aos lugares de Meda e San Xosé, e en Escuadro realizaránse obras nunha das pistas de maior lonxitude: o acceso a Paredes dende a estrada nacional 640. E na parroquia de Fiestras o proxecto inclúe o arranxo integral do vial do lugar de Barcia.


Trasfontao, Santa Mariña e Laro

Tamén en Silleda se levará a cabo a mellora do viario que da acceso a Trasfontao, dende a N-525 ata o lugar de Costoia, xa na parroquia de Siador, ata o entronque co vial autonómico PO-201.

Outra das actuacións que completa este ambicioso proxecto levarase a cabo na parroquia de Graba, mellorando o acceso ao lugar de Santa Mariña, dende a estrada provincial a Forcarei ata esta aldea, pasando polos núcleos de Outeiro, Penalta e Fontao.


Competa a dotación a parroquia de Laro co arranxo de dous tramos: o que vai dende Pelures a Forcas e dende este último lugar ata Sante. ⁹“É un investimento histórico na extensa rede viaria do noso rural”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, que lembra que “nunca se fixo un esforzo coma este na mellora integral das pistas do termo municipal, que entre este proxecto e o que vén de rematar, suporá a reforma de máis de 35 quilómetros na extensa rede viaria de Silleda”, engade.


A pasada semana remataban tamén as obras doutra ducia de tramos, tamén con cargo ao Plan Concellos da Deputación, cun investimento de case 600.000 euros, co arranxo en viais da Bandeira, Silleda, Dornelas, Taboada, Lamela, Ponte, Ansemil, Carboeiro, Cira e Taboada.


Plan Marco en Piñeiro

Completarán as dotacións nas infraestruturas viarias do rural as actuacións previstas na parroquia de Piñeiro, neste caso con cargo ao Plan Marco de Agader, co arranxo do viario do lugar de Portapiñeiro.

192 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE