top of page

Aprobada a licitación de dúas obras en estradas provinciais ao seu paso pola Ulloa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres investimentos por un importe que supera os 610.000€ para a dotación e a mellora de servizos e infraestruturas dos veciños e veciñas da provincia, en colaboración cos concellos e co tecido empresarial.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Acordou unha achega de 120.000 euros ao Concello da Fonsagrada para que poida ampliar e renovar o parque móbil municipal e mellorar o servizo de augas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Seguindo na liña de mellorar a mobilidade no conxunto da provincia, o Goberno provincial acordou a licitación de obras para o acondicionamento de dúas estradas provinciais ao seu paso pola Ulloa. Trátase da LU-P-0302, que une Antas co límite provincial de Pontevedra por Santa Mariña, á que a Deputación destina 186.000 euros para a drenaxe, aglomerado e pintado do tramo que vai dende o punto quilométrico 6,6 ó 9,9.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A outra estrada é a LU-P-4003, que une os núcleos de Coence e Santa Mariña por Chorexe. Neste caso, saen a licitación obras para renovar o firme do treito entre os puntos quilométricos 4,4 e 5,5 por un importe de preto de 100.000 euros. En ámbolos dous proxectos, o prazo de execución é de 2 meses.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page